16 mar 2011

Xornadas de Enerxías Renovables (I). Enerxía e Sociedade (José Cidrás)

Está é a primeira entrada dunha serie que resumirá os temas tratados nas Xornadas de Enerxías Renovables e Desenvolvemento Humano. Ademáis, incluirase ao video á ponencia correspondente.

Nesta ponencia, José Cidrás fixo unha introducción xeral á problemática da enerxía e a sociedade actual. A enerxía é basica para o desenvolvemento social, pero a día de hoxe as fontes de enerxía son un recurso finito e a súa producción supon a emisión de axentes contaminantes. Centrándose en España, salientou que importamos un 80% da enerxía primaria que consumimos, e un 84% das fontes de enerxía primaria están baseadas na emisión de carbono. O sistema de xeración e distribución enerxética español ten unhas perdas dun 28% o cal non é mellorar a curto e medio prazo, por limitacións económicas e ecolóxicas.

Dende o pto. de vista da desigualdade social, existe unha gran desigualdade no acceso ós recursos enerxéticos. Salientou a desproporción que existe entre a poboación da OCED (18%) e o seu consumo enerxético (55%). As estimacións da IEA é que en 2030 estes valores se invirtan pasando os países non membros da OECD a consumir un 60% da enerxía global. Esta desigualdade tamén é patente entre rexións, Europa consume en termos absolutos o mesmo que Asia, pero Asia case cuadriplica a poboación europea.

Tamén se espera nos próximos anos unha reducción da intesidade enerxética (cantidade de enerxia para xerar unha unidade de PIB) nos países emerxentes, o cal sería unha nova positiva, se non fora acompañado de un importante incremento absoluto do uso de enerxía a nivel mundial. Dentro da ponencia fíxose unha breve explicación dos tipos de contaminantes resultado da producción enerxética (óxidos de carbono, óxidos de sofre, óxidos de nitróxeno), así como un repaso dos contaminantes producidos e/ou impactos ambientais que implica cada fonte de xeración.

Centrándose en Galicia, foi moi importante a porcentaxe de consumo de enerxía en tpte. nos últimos 20 anos. Paralelamente, houbo un aumento moi importante tamén das fontes de enerxía renovables.

Como conclusión da ponencia se establecen os principais puntos nos que traballar para solucionar a crise enerxética:
  1. reducción do consumo.
  2. control e mitigacion de emisións.
  3. mellora das transformacións.
  4. utilización doutras fontes de enerxía primaria.