2 abr 2011

Xornadas de Enerxías Renovables (II). A contribución galega a unha sociedade solidaria (Emilio Martínez)

Emilio Martínez, economista, deu a ponencia nas Xornadas en calidade de ex presidente da Coordinadora Galega de ONGD. Comezou a súa ponencia cunha fotografía da situación mundial, amosando as enormes diferencias que existen entre países ricos e pobres. Seguidamente fixo unha introducción histórica cooperación internacional, que comezou a finais da Segunda Guerra Mundial, co plan Marshall e promovida pola ONU e organismos económicos internacionais (FMI, BM,...) máis como unha medida para frear o avance soviético que como un fin en si mesmo.


Fixo incidencia na diferencia entre cooperación, que implica cambios de mentalidade e actitude dos países donantes, mentres que a axuda consistirá unicamente na transferencia de diferentes tipos de recursos. A continuación explicou conceptos clave da Axuda ó Desenvolvemento, segundo as definicións da AOD, e como a cantidade de axuda vense reducindo nos útlimos anos, e ademais ten efectos perversos para as economías locais, estando na maior parte das veces ligada a intereses económicos dos países donantes. 


Todos estes problemas da AOD foron recollidos no informe Pearson e recollía 10 propostas para reducir a fenda económica e social entre países, entre as que destacan o aumento do volume de axuda e sobre todo a reducción da débeda.


Os Obxectivos do Milenio, fixados pola ONU presentan uns fitos, en distintos eidos do Desenvolvemento Humano que se deben acadar en 2015. Todos eles están bastante lonxe da súa consecución.


Para finalizar, Emilio presentou a situación da cooperación galega, onde se sufriu un importante recorte do orzamento nos últimos anos. No ano 2011 o orzamento adicado a cooperación redúcese máis dun 20% do do ano 2009.