19 may 2009

Wolframa (alpha) Computational Knowledge Engine


Traballando nas citas da campaña do grupo de Enerxía "Apaga o candil" que presentaremos no próximo post, atopei Wolframa un motor de coñecemento que permite calcular, obter e comparar centos de datos e resultados que van dende coeficientes de filtros de radiocomunicacións ata o tempo que fixo o día que naciches no lugar onde naciches. O motor foi creado pola empresa Wolfram Research, que traballa en temas de ciencia computacional. Non paga a pena que pase moito máis tempo describíndoo, porque é moito mellor que o comprobedes vós mesmos. A ferramenta é potentísima, poño algúns exemplos:

Comparación dos datos xeo-demográficos dos países de Centroamérica (sen México):

Datos do día que nacín:

Representación da función coseno como serie de Taylor:

12 may 2009

Todo sobre a Cociña Solar en ESF


Se aínda vos preguntando que raios é a parabólica prateada que sae na imaxe superior do blog, na web Cocina Solar de ISF promovida pola xente de Mugarik Gabeko Ingeniaritza (ISF País Vasco) podedes atopar a resposta.


Trata sobre tecnoloxías de cociña solar que inclúen as cociñas solares así como os fornos solares que segundo esta wed da BBC (en español) tivo a súa orixe en Costa Rica no 1979 para suplir cortes na subministración eléctrica. Na foto aparece un "feito na casa" que chegou ós 150º!


A cociña solar non naceu coa intención de competir coas tecnoloxías habituais, pero hibridada con outras fontes de calor, ou empregada en países onde as condicións climatolóxicas o permitan pode ser unha alternativa ó uso exclusivo de biomasa para cociñar, reducindo en maior ou menor medida os inconvenientes que o uso da biomasa conleva en moitos países empobrecidos (problemas respiratorios, deforestación, tempo invertido na provisión de leña...).

8 may 2009

Visita a Gaélica Solar


No Grupo de Enerxía levamos uns meses intentando organizar unha visita á empresa Gaélica Solar no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao (Ourense). Se queredes saber máis sobre a empresa podedes visitar a súa páxina web

Para seleccionar o mellor venres pola tarde que veña mellor a todos os interesados en ir creamos esta enquisa en Doodle. Calquera que lle apeteza vir que se apunte na enquisa!! Unha vez decidida a data coordinaremos a viaxe.

6 may 2009

Acta reunión día 27/04/2009

Para todos os que lle queirades botar un ollo, aquí tendes a acta da última reunión do Grupo de Enerxía de Vigo:


Todos os comentarios relativos ós contidos da acta serán benvidos! :-)

23 abr 2009

Reunión do Grupo de Vigo (27/04/2009)

O próximo luns, 27 de abril de 2009, terá lugar a seguinte reunión do Grupo de Enerxía da sede de Vigo. Estades todos convidados:

Lugar: La pecera
Día: Luns, 27 de Abril de 2009
Hora: 19:30

Orde do día:

– Aprobación da acta anterior.
– Resumo situación do grupo.
– Novedades Proxecto Sahara.
– Análisis colaboración en cursos de EpD.
– Visita a Gaélica solar.
– Campaña “Apaga o Candil”
– Novedades Plan director.
– Asignación de tarefas

Vémonos alí!!!

22 abr 2009

Habemus Blog de Enerxía!!!

Tras esperar un tempo para poder asociar a dirección do blog á conta de ESF, por fin temos o blog de Grupo de Enerxía!


A partir de agora iremos escribindo as cousas nas que estamos a traballar, as cousas que nos preocupan, as cousas que nos alegran, etc, etc.

Como curiosidade deixo a foto das cociñas solares que utilizabamos no Campo de Traballo Solar de Greenpeace hai catro anos para facer a comida!! unha das ideas que temos é facer un taller solar nalgún campus ou escola.

Ata pronto!!!