
O grupo de Enerxía de ESF quere presentarvos o seu proxecto de campaña de sensibilización: Apaga o candil! . O obxectivo da campaña é crear unhas pegatinas que se peguen en edificios de uso público (escolas, facultades, oficinas...) perseguindo un dobre obxectivo: por unha banda concienciar de que se debe facer un uso eficiente da enerxía, e por outra banda mostrar a desigualdade no canto a acceso á enerxía que hai entre os países ricos e os empobrecidos.
Para crear as pegatas precisamo dúas cousas:
- Primeiro temos que elixir as citas que incluiremos nas mesmas. Para isto fixemos unha lista con citas creadas por nós das que nos tendes que acudar a elixir tres. No seguinte post incluiremos a lista, e vos agardeceríamos que colaborarades elixindo as que vos parezan mellores.
- Segundo, precisamos un logo para a campaña, e un deseño para as pegatas. Desgraciadamente no grupo non temos ningún artista :-) polo que estamos intentando fichar a alguén que nos axude. O debuxo de arriba foi un que fixe a correr cun posible deseño, buscamos algo semellante... pero mellor feito :-)
Polo momento isto é todo, xa queda presentada Apaga o candil!
pues a mí me mola mogollón ese logo que hiciste!
ResponderEliminar