20 may 2009

Apaga o candil (2) Selección de citas!!


Estas son as citas que propoñemos para incluir nas pegatas da nosa campaña Apaga o candil. A nosa idea é que ademais de lembrar que debemos usar a enerxía dun modo responsable, as pegatas fagan ver as enorme diferencia de consumo enerxético que existe entre os países ricos e os empobrecidos.

O que nos gustaría comentedes o post elixindo tres citas incluindo o número de puntos e unha puntuación (3 á primeira, 2 á segunda e 1 á terceira) de xeito que nos poidamos facer unha selección para facer as pegatas finais. Aquí tendes as citas, gracias por colaborar!:

  1. Apagando durante 12 minutos unha bombilla convencional (60W) poderíase reducir á metade (4 horas) o traballo de recolección de madeira para quecemento dunha familia nun país en vías de desenvolvemento
  2. Coa enerxía que aforras apagando o teu PC durante 2 horas e media poderíanse moer 5 Kg de trigo, o 6% do consumo per cápita anual deste cereal nos países do sur
  3. O uso dunha lámpara de baixo consumo (18W) en lugar dunha convencional equivalente (75W) supón reducir en máis de media tonelada as emisións de CO2 ó longo da súa vida útil.
  4. A electricidade que se consume por español en 8 meses (>(54MWh*8/12)) é máis da que consume unha muller de Zimbabwe en toda a súa vida (<0.87mwh/ano*34anos>
  5. A cantidade de enerxía eléctrica que se perde dende que se produce ata que a consumimos nas nosas casas en España (~303051GWh/ano*0.1) é case 4 veces maior que toda a electricidade que se produce en Guatemala (7916GWh/ano).
  6. Deixar a televisión en stan-by pode supoñer ata 5€ o ano. En europa hai máis de 350 millons de televisores. Poderianse enviar 145.000 toneladas de arroz o mes os paises mais necesitados. O mando e comodo pero...mellor en off.
  7. Na África subsahariana, mais de 500 millóns de persoas dependen da leña como fonte de enerxía.Nos malgastamos, eles queiman e todos perdemos. Aforra enerxía, apaga a luz o sair.
  8. Se os máis de 3.000 millóns de persoas que posúen un móbil cambiaran o seu cargador por outro de catro ou cinco estrelas, ó ano se aforraríase unha cantidade de enerxía equivalente á producción total de dúas centrais eléctricas de tamaño medio.
  9. Se o 10% dos usuarios de teléfono móbil desconectaran o cargador unha vez finalizada a carga, o aforro enerxético sería equivalente ó consumo de 60.000 fogares europeos nun ano.
  10. Tecnologías como cocinas mejoradas y biodigestores ahorran hasta un 50% de consumo de leña (la fuente de energía más usada a nivel mundial). Además los biodigestores producen abono, siendo una tecnología sencilla de instalar y de fácil mantenimiento.
  11. Coa electricidade que se consume xogando coa PlayStation3 nunha tele LCD de 32", pódese iluminar un aula de escola infantil de 40m2 nun país empobrecido. (190W+120W - (40m2 x 500 Lux=20000Lm ->25000Lm/60Lm/W ) .
  12. En 2008, en España consumimos máis de cinco veces a cantidade de petróleo (1714000 barriles) que consumiron os países de Centroamérica xuntos (Honduras (42620) El Salvador (45210) Nicaragua (15560), Costa Rica (43640), Guatemala (72960), Panamá (92,170) e Belice (6,754)).
Agora a elixir!

8 comentarios:

  1. Hola! La verdad es que es difícil elegir 3 porque me parecen todas muy interesantes, deberían difundirse. Esta es mi puntuación:
    Frase 2 -> 3 puntos
    Frase 6 -> 2 puntos
    Frase 9 -> 1 punto

    Suerte con las pegatinas, me encanta la idea!!!

    ResponderEliminar
  2. Frase 10 -> 3 puntos
    Frase 4 -> 2 puntos
    Frase 3 -> 1 punto

    Chiquilicuatre (o era soraya?) -> 0 puntos ;-DDDD

    ResponderEliminar
  3. Hola! como dice Sabela es complicado elegir, y de algún modo sería bueno publicarlas (con vuestro permiso robaré una por semana para ponerla en los emails que envíe)
    Mi puntuación:
    frase 3 -> 3 puntos
    frase 10 -> 2 puntos
    frase 6 -> 1 punto.
    ánimo y seguid así!!!

    ResponderEliminar
  4. A min as frases que mais me gustaron foron:
    4
    5
    12

    pero costoume moito moito decidirme ;-)

    ResponderEliminar
  5. Pues a ver... aunque todas son muy buenas, las que elijo son
    Frase 2 (2 puntos)
    Frase 12 (3 puntos)
    Frase 7 (1 punto)

    Y enhorabuena por el blog... muy completo y con mucha información! =)

    ResponderEliminar
  6. Pois a miña votación é:
    frase 9 (3 puntos)
    frase 2 (2 puntos)
    frase 10 (1 punto)

    Moito ánimo rapaces!!!

    ResponderEliminar
  7. Para min as mellores son 1, 2, 4, 6, 11

    se teño que votar:
    frase 6 -> 3 puntos
    frase 11 -> 2 puntos
    frase 4 -> 1 punto

    ResponderEliminar
  8. Tamén quero dicir que a pesar de que a 10 recibiu bastantes puntos coido que non debería poñerse. Creo que o obxectivo das frases debería ser:
    1.- concienciar
    2.- propoñer accións

    por exemplo a 10 non conciencia, pouca xente vai entender que significa biodigestor nin cociña mellorada. E tampouco propón ningunha acción que se poida realizar para aforrar enerxía

    ResponderEliminar