22 may 2009

Apaga o candil (3) Segunda lista de citas para votar


Aquí temos unha nova lista de citas, que se curraron os da sede de Ferrol, para que votedes. Se xa votastes no post anterior podedes facelo de novo, o mecanismo é o mesmo. Tamén aceptamos ideas de cousas que poidamos facer con todas estas citas, ademais das pegatas, claro :-). Veña, a votar!:
  1. España é un dos países europeos que consume máis enerxía para producir un servizo ou un producto, é dicir, somos altamente ineficientes.
  2. 2000 millóns de persoas, un de cada tres dos que habitamos o planeta, viven sie servizos de enerxía básicos como a electricidade que o resto de nós asumimos como normais.
  3. Moitas persoas que viven en países en vías de desenvolvemento normalmente pagan máis por unidade de enerxía que os que viven en países ricos, en parte debido ás tecnologías de conversión ineficientes e en parte debido á corrupción.
  4. Os neumáticos cunha presión inferior á adecuada poden aumentar o consumo de carburante ata un 4%. (Agencia Internacional de la Energía)
  5. A biomasa é a principal fonte enerxética para 2.400 millóns de persoas, suple preto do 40% da demanda enerxética dos países en desenvolvemento.
  6. Un frigorífico de clase A pode consumir un 39% menos enerxía que un de clase C, iso supón evitar a emisión de máis dunha tonelada de CO2 ó longo da vida do aparato e un aforro de 300 €.
  7. Ó redor de 2/3 de todos os fogares nos países en desenvolvemento dependen dos biocombustibles non procesados (madeira, esterco, residuos de cultivos) para as súas necesidades diarias de cociña e quecemnto; isto inclúe ó 80% de toda a poboación da África sub-sahariana
  8. Por cada tonelada de papel reciclado evítase a tala de entre 12 e 14 árbores, afórranse 50.000 litros de auga e uns tres barriles de petróleo.
  9. As bombillas de baixo consumo en todos os fogares españois aforrarían un 4% do consumo eléctrico en España. (RIMA Nº 501)
  10. Un ordenador desperdicia case a metade da enerxía que consume. (ENERGÍAS RENOVABLES Nº 60)
  11. Cada vez que usamos unha bombilla de baixo consumo estás aforrando 20 kg de CO2 á atmosfera ó ano, na UE evitaríanse 20 millóns de toneladas de CO2 ó ano
  12. A substitución das bombillas incandescentes da UE aforrarían polo menos, 20 millóns de toneladas de CO2 ó ano.(GREENPEACE: CAMBIA TU BOMBILLA).
  13. A enerxía que consumen as familias achégase ó 30% do consumo enerxético total de España (18% vivenda e 12% coche) GUÍA PRÁCTICA DE LA ENERGÍA (IDAE)
  14. Cada grao que se aumente a calefacción consume un 8% máis de enerxía. (RIMA Nº 456)
  15. Se instalamos un dobre cristal nas fiestras podemos aforrar un 25 % de enerxía e protexernos contra a contaminación acústica. (RIMA Nº 454)

7 comentarios:

  1. E por aquí...
    Frase 3 (3 puntos)
    Frase 6 (2 puntos)
    Frase 2 (1 punto)

    ResponderEliminar
  2. As que máis me gustan son 2, 4, 6, 14 e 15
    frase 2 -> 3 puntos
    frase 14 -> 2 puntos
    frase 6 -> 1 punto

    A parte do criterio que xa comentei no post anterior que debía haber, coido que habería que introducir outro punto, e que as citas teñan que ver co problema de acceso a enerxía no sur.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. frase 8 -> 3 points
    frase 10 -> 2 points
    frase 2 -> 1 point

    ResponderEliminar
  5. 3 -> 3 puntos
    2 -> 2 puntos
    6 -> 1 punto

    ResponderEliminar
  6. Frase 8 = 3 puntos
    Frase 2 = 2 puntos
    Frase 1 = 1 punto

    Vexo que esto está parado desde o ano pasado, xa non seguides coa campaña? molaba!!

    ResponderEliminar
  7. tranqui Sabela, que volvemos á carga :-) gracias por votar!!

    ResponderEliminar