5 oct 2010

As IV Xornadas de Enerxías Renovables e ODM están aquí!!

Tras máis dun ano de inactividade no blog, volvemos á acción cunha gran nova: imos organizar as IV Xornadas de Enerxías Renovables e ODM en Vigo.
Terán lugar os días 15, 16 e 17 de decembro en Vigo, no salón de actos da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial (Escola de Peritos).

Nestas xornadas trataremos de situar o contexto enerxético dentro da consecución dos ODM, así como do uso de enerxías renovables nos países do Sur, do Norte e nos proxectos de cooperación.

Tamén se intentará dar unha visión global do panorama enerxético mundial, os desequilibrios que xerá o sistema actual e ós retos ós que nos enfrontamos.


O curso terá unha duración de 20 horas e será convalidable por 1 crédito de libre elección na Universidade de Vigo. Estas 20 horas estarán repartidas en mañá e tarde de mércores e xoves, e unha interesante mañá de venres onde teremos as ponencias de Xosé María Torres, presidente da CGONGD (Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento), de Jose Mª Glez. Vélez, presidente da APPA (Asociación de Productores de Energías Alternativas) e de Pedro Gómez-Romero, autor do libro "Un planeta en busca de energía".

O curso será financiado a través dunha subvención de EpD da Xunta de Galicia así como o prezo das matrículas, que aínda está por decidir pero estará arredor dos 10€ para estudantes e 20€ para público xeral. A todos os asistentes se lles repartirá un diploma acreditativo da asistencia ás xornadas.

Actualización: ollo!!, as datas que estaban previstas para os días 17, 18 e 19 de novembro, foron movidas ós días 15, 16 e 17 de decembro por diversos motivos.

7 comentarios:

  1. Qué guay!! Suena super interesante! Me apuntaría si no fuese porque estoy un poco lejos... mucha suerte!

    ResponderEliminar
  2. Buenas! Tiene muy buena pinta este curso. Como puedo apuntarme? Soy ex-estudiante de la uni de coruña y hago un master por la uni de zaragoza...vale esto para pagar los 10€?
    :)

    ResponderEliminar
  3. Enhorabuena chicos! Os van a salir genial las jornadas ;)

    ResponderEliminar
  4. Ola Nico, aínda non está aberto o prazo de inscripción, pero se me deixas un mail de contacto (podes enviarma a anton.roman(arroba)isf.es) non poñemos en contacto contigo en canto se abra a matrícula, ok? Polo tema do prezo, estamos pendentes dunha subvención para intentar baixar o prezo de matrícula o máximo posible... se de nós dependera non cobraríamos matrícula :-)

    Gracias polo ánimos a todos!! o máis importante para que saian ben as xornadas e que os asistentes estean motivados e con gañas de aprender, participar e debatir, que é o obxectivo final das xornadas :-)

    ResponderEliminar
  5. Enhorabuena!!!
    Que recuerdos! Que pena no poder ir, me pilla un poco lejos...

    ResponderEliminar
  6. je, que bueno recuerdos y qué estresss... mucho animo!

    ResponderEliminar
  7. Hola. ¿se sabe ya algo más de la matrícula? si está abierto el plazo y hasta cuando...y el precio también sería interesante.
    Un saludo y gracias de antemano.

    ResponderEliminar