22 may 2009

Apaga o candil (3) Segunda lista de citas para votar


Aquí temos unha nova lista de citas, que se curraron os da sede de Ferrol, para que votedes. Se xa votastes no post anterior podedes facelo de novo, o mecanismo é o mesmo. Tamén aceptamos ideas de cousas que poidamos facer con todas estas citas, ademais das pegatas, claro :-). Veña, a votar!:
  1. España é un dos países europeos que consume máis enerxía para producir un servizo ou un producto, é dicir, somos altamente ineficientes.
  2. 2000 millóns de persoas, un de cada tres dos que habitamos o planeta, viven sie servizos de enerxía básicos como a electricidade que o resto de nós asumimos como normais.
  3. Moitas persoas que viven en países en vías de desenvolvemento normalmente pagan máis por unidade de enerxía que os que viven en países ricos, en parte debido ás tecnologías de conversión ineficientes e en parte debido á corrupción.
  4. Os neumáticos cunha presión inferior á adecuada poden aumentar o consumo de carburante ata un 4%. (Agencia Internacional de la Energía)
  5. A biomasa é a principal fonte enerxética para 2.400 millóns de persoas, suple preto do 40% da demanda enerxética dos países en desenvolvemento.
  6. Un frigorífico de clase A pode consumir un 39% menos enerxía que un de clase C, iso supón evitar a emisión de máis dunha tonelada de CO2 ó longo da vida do aparato e un aforro de 300 €.
  7. Ó redor de 2/3 de todos os fogares nos países en desenvolvemento dependen dos biocombustibles non procesados (madeira, esterco, residuos de cultivos) para as súas necesidades diarias de cociña e quecemnto; isto inclúe ó 80% de toda a poboación da África sub-sahariana
  8. Por cada tonelada de papel reciclado evítase a tala de entre 12 e 14 árbores, afórranse 50.000 litros de auga e uns tres barriles de petróleo.
  9. As bombillas de baixo consumo en todos os fogares españois aforrarían un 4% do consumo eléctrico en España. (RIMA Nº 501)
  10. Un ordenador desperdicia case a metade da enerxía que consume. (ENERGÍAS RENOVABLES Nº 60)
  11. Cada vez que usamos unha bombilla de baixo consumo estás aforrando 20 kg de CO2 á atmosfera ó ano, na UE evitaríanse 20 millóns de toneladas de CO2 ó ano
  12. A substitución das bombillas incandescentes da UE aforrarían polo menos, 20 millóns de toneladas de CO2 ó ano.(GREENPEACE: CAMBIA TU BOMBILLA).
  13. A enerxía que consumen as familias achégase ó 30% do consumo enerxético total de España (18% vivenda e 12% coche) GUÍA PRÁCTICA DE LA ENERGÍA (IDAE)
  14. Cada grao que se aumente a calefacción consume un 8% máis de enerxía. (RIMA Nº 456)
  15. Se instalamos un dobre cristal nas fiestras podemos aforrar un 25 % de enerxía e protexernos contra a contaminación acústica. (RIMA Nº 454)

20 may 2009

Apaga o candil (2) Selección de citas!!


Estas son as citas que propoñemos para incluir nas pegatas da nosa campaña Apaga o candil. A nosa idea é que ademais de lembrar que debemos usar a enerxía dun modo responsable, as pegatas fagan ver as enorme diferencia de consumo enerxético que existe entre os países ricos e os empobrecidos.

O que nos gustaría comentedes o post elixindo tres citas incluindo o número de puntos e unha puntuación (3 á primeira, 2 á segunda e 1 á terceira) de xeito que nos poidamos facer unha selección para facer as pegatas finais. Aquí tendes as citas, gracias por colaborar!:

  1. Apagando durante 12 minutos unha bombilla convencional (60W) poderíase reducir á metade (4 horas) o traballo de recolección de madeira para quecemento dunha familia nun país en vías de desenvolvemento
  2. Coa enerxía que aforras apagando o teu PC durante 2 horas e media poderíanse moer 5 Kg de trigo, o 6% do consumo per cápita anual deste cereal nos países do sur
  3. O uso dunha lámpara de baixo consumo (18W) en lugar dunha convencional equivalente (75W) supón reducir en máis de media tonelada as emisións de CO2 ó longo da súa vida útil.
  4. A electricidade que se consume por español en 8 meses (>(54MWh*8/12)) é máis da que consume unha muller de Zimbabwe en toda a súa vida (<0.87mwh/ano*34anos>
  5. A cantidade de enerxía eléctrica que se perde dende que se produce ata que a consumimos nas nosas casas en España (~303051GWh/ano*0.1) é case 4 veces maior que toda a electricidade que se produce en Guatemala (7916GWh/ano).
  6. Deixar a televisión en stan-by pode supoñer ata 5€ o ano. En europa hai máis de 350 millons de televisores. Poderianse enviar 145.000 toneladas de arroz o mes os paises mais necesitados. O mando e comodo pero...mellor en off.
  7. Na África subsahariana, mais de 500 millóns de persoas dependen da leña como fonte de enerxía.Nos malgastamos, eles queiman e todos perdemos. Aforra enerxía, apaga a luz o sair.
  8. Se os máis de 3.000 millóns de persoas que posúen un móbil cambiaran o seu cargador por outro de catro ou cinco estrelas, ó ano se aforraríase unha cantidade de enerxía equivalente á producción total de dúas centrais eléctricas de tamaño medio.
  9. Se o 10% dos usuarios de teléfono móbil desconectaran o cargador unha vez finalizada a carga, o aforro enerxético sería equivalente ó consumo de 60.000 fogares europeos nun ano.
  10. Tecnologías como cocinas mejoradas y biodigestores ahorran hasta un 50% de consumo de leña (la fuente de energía más usada a nivel mundial). Además los biodigestores producen abono, siendo una tecnología sencilla de instalar y de fácil mantenimiento.
  11. Coa electricidade que se consume xogando coa PlayStation3 nunha tele LCD de 32", pódese iluminar un aula de escola infantil de 40m2 nun país empobrecido. (190W+120W - (40m2 x 500 Lux=20000Lm ->25000Lm/60Lm/W ) .
  12. En 2008, en España consumimos máis de cinco veces a cantidade de petróleo (1714000 barriles) que consumiron os países de Centroamérica xuntos (Honduras (42620) El Salvador (45210) Nicaragua (15560), Costa Rica (43640), Guatemala (72960), Panamá (92,170) e Belice (6,754)).
Agora a elixir!

19 may 2009

Apaga o candil (1) Presentación



O grupo de Enerxía de ESF quere presentarvos o seu proxecto de campaña de sensibilización: Apaga o candil! . O obxectivo da campaña é crear unhas pegatinas que se peguen en edificios de uso público (escolas, facultades, oficinas...) perseguindo un dobre obxectivo: por unha banda concienciar de que se debe facer un uso eficiente da enerxía, e por outra banda mostrar a desigualdade no canto a acceso á enerxía que hai entre os países ricos e os empobrecidos.


Para crear as pegatas precisamo dúas cousas:
  1. Primeiro temos que elixir as citas que incluiremos nas mesmas. Para isto fixemos unha lista con citas creadas por nós das que nos tendes que acudar a elixir tres. No seguinte post incluiremos a lista, e vos agardeceríamos que colaborarades elixindo as que vos parezan mellores.
  2. Segundo, precisamos un logo para a campaña, e un deseño para as pegatas. Desgraciadamente no grupo non temos ningún artista :-) polo que estamos intentando fichar a alguén que nos axude. O debuxo de arriba foi un que fixe a correr cun posible deseño, buscamos algo semellante... pero mellor feito :-)
Polo momento isto é todo, xa queda presentada Apaga o candil!

Wolframa (alpha) Computational Knowledge Engine


Traballando nas citas da campaña do grupo de Enerxía "Apaga o candil" que presentaremos no próximo post, atopei Wolframa un motor de coñecemento que permite calcular, obter e comparar centos de datos e resultados que van dende coeficientes de filtros de radiocomunicacións ata o tempo que fixo o día que naciches no lugar onde naciches. O motor foi creado pola empresa Wolfram Research, que traballa en temas de ciencia computacional. Non paga a pena que pase moito máis tempo describíndoo, porque é moito mellor que o comprobedes vós mesmos. A ferramenta é potentísima, poño algúns exemplos:

Comparación dos datos xeo-demográficos dos países de Centroamérica (sen México):

Datos do día que nacín:

Representación da función coseno como serie de Taylor:

12 may 2009

Todo sobre a Cociña Solar en ESF


Se aínda vos preguntando que raios é a parabólica prateada que sae na imaxe superior do blog, na web Cocina Solar de ISF promovida pola xente de Mugarik Gabeko Ingeniaritza (ISF País Vasco) podedes atopar a resposta.


Trata sobre tecnoloxías de cociña solar que inclúen as cociñas solares así como os fornos solares que segundo esta wed da BBC (en español) tivo a súa orixe en Costa Rica no 1979 para suplir cortes na subministración eléctrica. Na foto aparece un "feito na casa" que chegou ós 150º!


A cociña solar non naceu coa intención de competir coas tecnoloxías habituais, pero hibridada con outras fontes de calor, ou empregada en países onde as condicións climatolóxicas o permitan pode ser unha alternativa ó uso exclusivo de biomasa para cociñar, reducindo en maior ou menor medida os inconvenientes que o uso da biomasa conleva en moitos países empobrecidos (problemas respiratorios, deforestación, tempo invertido na provisión de leña...).

8 may 2009

Visita a Gaélica Solar


No Grupo de Enerxía levamos uns meses intentando organizar unha visita á empresa Gaélica Solar no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao (Ourense). Se queredes saber máis sobre a empresa podedes visitar a súa páxina web

Para seleccionar o mellor venres pola tarde que veña mellor a todos os interesados en ir creamos esta enquisa en Doodle. Calquera que lle apeteza vir que se apunte na enquisa!! Unha vez decidida a data coordinaremos a viaxe.

6 may 2009

Acta reunión día 27/04/2009

Para todos os que lle queirades botar un ollo, aquí tendes a acta da última reunión do Grupo de Enerxía de Vigo:


Todos os comentarios relativos ós contidos da acta serán benvidos! :-)